Illas Cíes, arquipélago español situado na comunidade autónoma de Galicia, en augas do océano Atlántico, fronte á ría de Vigo. Está constituído por tres illas, a do Norte ou Monteagudo, a do Medio ou Monte Faro e a do Sur ou San Martiño, e algúns illotes que ocupan uns 4,3 km2 e supón unha prolongación da accidentada península de Morrazo. Aínda que posúe un pequeno embarcadoiro para a chegada dos barcos de turistas procedentes de Vigo ou Baiona, non está habitado permanentemente. As súas agrestes paisaxes, a súa rica fauna ornitológica e as súas escasas pero limpas praias atraen no verán a un elevado número de visitantes. Dada a súa posición, na entrada da ría de Vigo, dispón de varios faros para facilitar o abundante tráfico comercial e pesqueiro das súas augas.
1 comentarios:
Fermosas imaxes para un fermoso tema.
Publicar un comentario