lunes, 25 de abril de 2011

Cartas de Inverno–Agustín Fernández Paz

cartas de invernoDespois dunha longa estadia en Quebec , o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que , nunha espiral de enigmas , descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda . Pero alí , na vella casa colonial , os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

Se che gusta unha novela chea de misterios e suspense , esta é a tua . Leea , non te defraudará.

Ficha bibliográfica

Título: Cartas de inverno
Escritor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador:
Traductor: Rafael Chacón Calvar
Colección: Fóra de xogo
Editorial: Xerais, 1995  ( Reedición 2002 )
Nº páx.: 115
ISBN: 84-7507-890-7

1 comentarios:

Este libro xa fai tempo que o lin, pero recomendoo. Vai soltando datos pouco a pouco, que colisionan nun final igualmente cheo de intriga. Sinxelo e entretido, recomendado para xente que se inicia na lectura.

Publicar un comentario