jueves, 14 de abril de 2011

A Esmorga – Eduardo Blanco Amor

Na Esmorga , o autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia
del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e
convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos
baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca
xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza
a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu,
quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan
de alí.
Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres
dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira
daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería
o Milhomes rouba dúas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen,
agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá.
Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller,
que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha
prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedoiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din está tola, e
o Bocas obrígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O
Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata.
O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a
navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da
obra infórmanos que non se soubo claramente como morreu.
 


Coma sempre se queres a tua mellor información , sintoniza Via Tv e Via Radio

2 comentarios:

Este libro semella interesante. Os Biosbardos gustoume bastante e tiña ganas de ler algo máis de Blanco Amor, gracias pola aportación.

Ola, avísote de que eres recibidor dun premio que anda navegando pola blogosfera, no meu blog explico mellor de que vai. ¡Felicidades! XD

Publicar un comentario