viernes, 29 de abril de 2011

Marilar Aleixandre

Traxectoria
De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid, pero 401px-Marilar_Aleixandre._Foto_da_AELG_2dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental, dende 1988.
O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de "Agardando polos morcegos". Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos "Lobos nas illas", sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco.
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno.
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da palabra silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.
Obra en Galego
Poesía
Catálogo de velenos, 1999, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.A formiga coxa
Desmentindo a primavera, 2003, Edicións Xerais.
Mudanzas, 2007.
Narrativa
Tránsito dos gramáticos, 1993, Edicións Xerais.
Lobos nas illas, 1996, Edicións Xerais.
A compañía clandestina de contrapublicidade, 1998, Galaxia.
Teoría do caos, 2001, Edicións Xerais.
O coitelo en novembro, 2010, Edicións Xerais.
Literatura infanto-xuvenil
A formiga coxa, 1989, Edicións Xerais (Ilustracións de Fran Jaraba).
O rescate do peneireiro, 1990, Edicións Xerais, (Ilustracións de Fran Jaraba).
A expedición do Pacífico, 1994, Edicións Xerais.
O trasno de Alqueidón, 1996, Edicións Xerais (Ilustracións de Miguelanxo Prado).A Expedición do Pacífico
A banda sen futuro, 1999, Edicións Xerais.
Paxaros de papel, 2001, Edicións Xerais.
Unha presa de terra, 2001, Ir Indo Edicións. (Ilustracións de Miguelanxo Prado).
El-Rei Artur e a abominable dama, 2001, Ir Indo Edicións.
Basilisa, a princesa sapiño, 2002, Galaxia.
O chápiro verde, 2003, Edicións Xerais.
O monstro da chuvia, 2003, SM (Ilustracións de Pablo Amargo).
A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, 2005, Tambre.
Rúa Carbón, 2005, Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo.
A cabeza de Medusa, 2008, Edicións Xerais.
Dez abellas na laranxeira, 2008, Edicións Xerais.
Ensaio
Traballando coas ciencias da Terra, 1995, Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
Dubidar para aprender, 1996, Edicións Xerais.
Obras colectivas
Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.libros_2001
Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
Efecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.

Premios
Recibiu os seguintes premios:
Premio Merlín de literatura infantil 1994 por A Expedición do Pacífico.
Premio da Crítica á creación literaria en galego, 1995.
Premio Rañolas ó mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 por O Trasno de AlqueidónA cabeza de Medusa
Premio Manuel Murguía de Relato breve 1997 por Desaforados Muños.
Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1997 por A Compañía clandestina de contrapublicidade.
Premio Esquío de poesía en galego 1998 por Catálogo de velenos.
Lista de honra do IBBY 1997 por A caza do Carbairán (tradución de The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.
Premio Lazarillo en 1999 por A banda sen futuro.
Premio Xerais en 2001 por Teoría do caos.
Premio de poesía Caixanova en 2006 por Mudanzas.
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil en 2008 por A cabeza da medusa.

Entrevista a Marilar Aleixandre en Via Lactea.

1 comentarios:

A mi Cabeza de Medusa me gustó mucho, lo recomiendo, no es que leyera muchos libros de esta autora, pero de los dos que leí, ese es el que más me gustó.
Habla sobre las injusticias de dos chicas que son violadas y cómo luego algunos alumnos del instituo se meten con ellas por ir "provocando".
También es interesante la relación que hace con algunos pasajes de las Metamorfosis de Ovidio.
Saludos!!!!

Publicar un comentario