viernes, 29 de abril de 2011

Agustín Fernández Paz

Traxectoria

Agustín Fernández Paz, foi nado en Vilalba en Agustín_Fernández_Paz1947, é un escritor e pedagogo galego. Diplomado en enxeñería industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galegano ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.Tamén é membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Literatura

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Obra

A cidade dos desexos, 1989 (novela xuvenil)
As flores radiactivas, 1990 (novela xuvenil) 15ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil, 1989
Contos por palabras, 1991 (narrativa xuvenil) 13ª Edición - Premio Lazarillo, 1990 - Lista de Honra Lua do Senegaldo IBBY, 1992 - Premio Lecturas GALIX, 2003
Lonxe do mar, 1991 (narrativa xuvenil)
O tesouro do dragón Smaug, 1993 (narrativa xuvenil)
Rapazas, 1993 (narrativa xuvenil)
As tundas do corredor, 1993 (narrativa infantil)
Unha lúa na fiestra, 1994 (narrativa xuvenil)
Trece anos de Branca, 1994 (novela xuvenil)
Unha lúa na fiestra, 1994 (narrativa xuvenil)
Cartas de inverno, 1995 (novela xuvenil)23ª Edición - Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995
Amor dos quince anos, Marilyn, 1995 (novela xuvenil)
Avenida do Parque, 17, 1996 (novela xuvenil)
O centro do labirinto, 1997 (novela xuvenil)
A néboa escura, 1998 (narrativa infantil)
O laboratorio do doutor Nogueira, 1998 (novela xuvenil)
As fadas verdes, 1999 (novela xuvenil)
Cos pés no aire, 1999 (narrativa xuvenil) 4ª Edición - Premio Raíña Lupa, 1998
A nube de cores, 1999 (narrativa xuvenil) Aire Negro
Aire negro, 2000 (novela xuvenil)13ª Edición - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2001 - Lista de Honra do IBBY, 2002 - Premio Protagonista Jove, 2002
O soño do merlo branco, 2000 (novela xuvenil)
No corazón do bosque, 2001 (novela xuvenil)
Un tren cargado de misterios, 2001 (narrativa xuvenil) 4ª Edición - Premio Lecturas GALIX, 2003
Ana e o tren máxico, 2001 (novela xuvenil)
Noite de voraces sombras, 2002 (narrativa xuvenil)
O meu nome é Skywalker, 2003
A Serea da Illa Negra, 2003
A praia da esperanza, 2003
Tres pasos polo misterio, 2004
Raquel ten medo, 2004 VIº (narrativa infantil) Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado, 2006
Laura e os ratos, 2004
A escola dos piratas, 2005
A noite dos animais, 2005
A fuxida do mar, 2005
Fantasmas no corredor, 2005
¡Que medo, mamá Raquel!, 2005
Tres pasos polo misterio
Corredores de sombra, 2006 (narrativa xuvenil) 7ª Edición - 3ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos)
Os gardiáns do bosque, 2006
Querido inimigo, 2006
O raio veloz, 2006
O único que queda é o amor, 2007, (narrativa xuvenil) 4ª Edición - Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008
A pastelaría de dona Remedios, 2008
¡Upa!, 2008
Lúa do Senegal, 2009 (narrativa infantil-xuvenil)

Galardóns

O autor con outros dos gañadores do Premio Merlín nunha foto conmemorativa realizada na XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Atrás, de esquerda a dereita:Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra,Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita:Carlos López, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz eTeresa González Costa . O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
Premio Nacional de Literatura Xuvenil e Infantil no 2008, pola obra O único que queda é o amor , outorgado polo Ministerio de Cultura de España.

 

Agustín Fernández Paz

0 comentarios:

Publicar un comentario