viernes, 29 de abril de 2011

Xosé Antonio Neira Cruz

Biografía

LXosé A. Neira Cruzicenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo), foi redactor da revistaTempos e na actualidade, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.

Na actualidade é o responsable das coleccións "Sete Mares", "Árbore" e "Costa Oeste" da editorial Galaxia e profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28 Congreso desta organización internacional.

A súa obra

Unha parte importante da súa produción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); o sorprendente As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López, máis rotundas na reedición para a colección Montaña Encantada; María está a pinta-lo mar, entenrecedora historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura a colección (Sondeconto), onde a literatura infantil e a música van collidas da man; ademais, a recuperación da literatura popular está presente enO home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais O xenio do sultán.caixa tesouro

O seu traballo divulgador da nosa tradición literaria entre os nenos e mozos comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así viviu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). E no 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publica nunha edición institucional para primeiros lectores senllas lúdicas introducións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.

Premios

Co seu primeiro libro, Ó outro lado do sumidoiro, recibiu o Premio Merlín en 1988, que gañou AS cousas Clarastamén na edición do ano 2000 pola obra xuvenil As cousas claras. Os gatos de Venecia foi finalista na VIII convocatoria do Premio Lola Anglada no 1991. Fíxose merecente do Premio O Barco de Vapor nos anos 1997 e 1999 polas súas novelasValdemuller e Os ollos do Tangaleirón, respectivamente. E gañou a edición do 2002 do Premio Raíña Lupa con O armiño dorme, novela ambientada na Italia do século XVI. A noite da raiña Berenguela recibiu o Premio Lazarillo no ano 2004.

Coa súa primeira obra poética É oco habitado gañou en 2007 o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.

Obras

Ó outro lado do sumidoiro (1989). Premio Merlín, 1988.
Melanio e os paxaros (1990).
Os gatos de Venecia (1993).
Así viviu Rosalía (1996).
Así viviu Castelao (1996).
Así viviu Paio Gómez Chariño (1997).
Así viviu Ánxel Fole (1997).
As porcas porquiñas (1997).
Valdemuller (1998). Premio O Barco de Vapor, 1997.
O xenio do sultán (1998).
Caramelos Martín Codax (1998).
Rumbo á illa de San Simón (1998). O armiño dorme
Xograr Cangas e Asociados (1998).
María está a pinta-lo mar (1998).
Os ollos do tangaleirón (2000). Premio O Barco de Vapor, 1999.
As cousas claras (2000). Premio Merlín 2000
A memoria das árbores (2000).
A caixa do tesouro (2001).
O home máis rico do mundo (2001).
O armiño dorme (2002)
Eu son adoptada ¿e que? (2004).
A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, rato de compañía de Cosme III de Médicis (2004).
Mambrú, cociñeiro de perfumes (2005).
A noite da raíña Berenguela (2005).
Gatos e leóns (2006).
De esparto e seda (2007)
Los libros de la almohada (2008).
Unha chea de familias (2008).
O prodixio dos zapatos de cristal (2008). White Ravens 2009.
O debut de Martino Porconi (2008).
Un bico de amor e vida (2009).
Violeta no es Violeta (2009).
O punto da escarola (2009). Premio Barriga Verde 2008
Jan estivo alí (2010).

Neste Vídeo Podemos ver unha Entrevista moi Interesante a persoaxe de Xosé Antonio Neira Cruz no programa Via Lactea.

0 comentarios:

Publicar un comentario